lunes, 22 de abril de 2019

DISTRIBUCIÓN POR ZONAS.

Seguimos a traballar no Proxecto de Transformación do Patio Escolar. Aquí vos deixamos a DISTRIBUCIÓN POR ZONAS. Como poderedes observar, hai unha zona tranquila, outra zona semiactiva e unha zona activa. Para tódolos gustos. 


CAL SERÁ A TÚA?

viernes, 19 de abril de 2019

2º ESO: MAQUETA.

O alumnado de 2º da ESO foi o encargado de facer a MAQUETA DO PATIO. Así é o antes. Como será o despois?...

BO TRABALLO! 

domingo, 24 de febrero de 2019

3º ESO: ACOTACIÓNS.

O Proxecto de transformación do patio continúa... Os alumnos e alumnas de 3º da ESO fan as acotacións.



GRAZAS A TOD@S! BO TRABALLO!

domingo, 13 de enero de 2019

1º ESO: MEDICIÓN DO PATIO.

PISTOLETAZO DE SAÍDA.

Os encargados de poñer en marcha a primeira fase deste Proxecto foron os alumnos e alumnas de 1º da ESO. O pasado venres, día 11 de xaneiro, fixeron a medición do patio. Pouco a pouco está a tomar forma o proceso de transformación do noso patio escolar. 

UN GRAN TRABALLO. NORABOA! 

 

sábado, 12 de enero de 2019

NOVOS PROXECTOS, NOVAS ILUSIÓNS.

O PRIMEIRO, FORMARSE.

Para poder comezar un Proxecto co pé dereito, o primeiro é formarse. Hoxe, sábado, día 12 de xaneiro do 2019, tivemos a oportunidade de asistir a un magnífico obradoiro en Santigo de Compostela: PATIOS E CAMIÑOS ESCOLARES. PROPOSTAS DE TRANSFORMACIÓN. 
Non se podía esperar máis dos equipos formadores de PEZ Arquitectos (Patios Escolares) e RURURBAN (Camiños Escolares) e as formadoras GEY LAGAR E ALICIA QUEIRO (Patios Dinámicos).


SIMPLEMENTE, GRAZAS!