domingo, 19 de mayo de 2019

O GRUPO MOTOR, SEN TREGUA.

O grupo motor, continúa coas súas tarefas. Tras facer inventario dos elementos actuais do patio e de revisar as peticións do alumnado, xa está mans á obra coa selección final dos elementos de cada zona. Ainda que haberá que adaptarse ao axustado presuposto do que se dispón, o importante é que a ilusión por este proxecto mantense no máis alto. 

Como xa víchedes, habilitouse un recunho para o seguimento da transformación do patio. Alí poderedes ir vendo a pouquiños na maqueta as melloras que se tratarán de levar a cabo.

Estade atentos que xa logo chegará o día da "QUEDADA" na que nos poñeremos mans á obra tod@s @s que así o desexedes.

Ahí vos queda o recunho de "PATIO DE SORRISOS".






miércoles, 1 de mayo de 2019

PORQUE A OPINIÓN DO ALUMNADO IMPORTA.

Como non podía ser menos, consultamos ao alumnado as súas preferencias á hora do xogo no patio. Trataremos de ir cumprindo as peticións dentro das posibilidades que teñamos.

VAMOS!