miércoles, 24 de junio de 2020

QUE BEN O PASAMOS NO NOSO PATIO!



A pesar de non poder asistir ao cole todo o que quixeramos, puidemos desfrutar do noso patio e das novidades coas que comezamos o curso, o parchís e a xadrez, entre outras. 

miércoles, 26 de junio de 2019

jueves, 13 de junio de 2019

UN GRAN EQUIPO.

Alumnado, familias e claustro. Un gran equipo! A colaboración de tod@s na tarde de onte fixo poxible a transformación do patio. Quedan cousas por facer pero xa hai moito feito. Imposible sen vós. Dende o grupo motor de patios só podemos dicir...

NORABOA E GRAZAS!!!

 

domingo, 19 de mayo de 2019

O GRUPO MOTOR, SEN TREGUA.

O grupo motor, continúa coas súas tarefas. Tras facer inventario dos elementos actuais do patio e de revisar as peticións do alumnado, xa está mans á obra coa selección final dos elementos de cada zona. Ainda que haberá que adaptarse ao axustado presuposto do que se dispón, o importante é que a ilusión por este proxecto mantense no máis alto. 

Como xa víchedes, habilitouse un recunho para o seguimento da transformación do patio. Alí poderedes ir vendo a pouquiños na maqueta as melloras que se tratarán de levar a cabo.

Estade atentos que xa logo chegará o día da "QUEDADA" na que nos poñeremos mans á obra tod@s @s que así o desexedes.

Ahí vos queda o recunho de "PATIO DE SORRISOS".






miércoles, 1 de mayo de 2019

PORQUE A OPINIÓN DO ALUMNADO IMPORTA.

Como non podía ser menos, consultamos ao alumnado as súas preferencias á hora do xogo no patio. Trataremos de ir cumprindo as peticións dentro das posibilidades que teñamos.

VAMOS!